José Córdoba
Estilo/s: Música de autor
Representante: Enrique Otero Cheutin
Enderezo: Avda. Atlántida, 54, bloque 1, 7º A
E-mail:
quique@josecordoba.com
Páxina web:
http://www.josecordoba.com
Estado natural é o novo traballo do cantautor José Córdoba. Este madrileño de 31 anos leva varios anos na música baixo o pseudónimo de CHIVI. Quen non oiu algunha vez falar de CHIVI? Por que o cambio? CHIVI chegou a ser un personaxe popular dentro da mocidade. Raro é o rapaz ao que non lle soa o nome. CHIVI é o máximo expoñente da canción vándala que existiu. Irreverente, histriónico, mordaz, crápula, malfalado.., son algúns dos adxectivos que poderían definir a maioría das cancións dos seus 4 traballos discográficos (De cantautor a pornoautor - Avoid 2001, Verdades como puños- Marinakome 2002, Sin pelos en la lengua - Marinakome 2003, Spanish Psycho- El diablo 2005). Neles pódense atopar ese tipo de cancións e ademáis tamén había cancións de corte social, amoroso e crítico, que facían presaxiar que tarde ou cedo chegaría un disco como Estado Natural.
Por que entón sendo un innovador, tremendamente coñecido e cunhas cifras de venda nada desdeñables (aproximadamente 30.000 copias vendidas dos seus 4 discos), centos de miles de descargas e varias xiras por toda España moi pouca xente sabe quen é realmente CHIVI? A isto só cabe unha resposta, a sorte, a mala sorte, a malísima sorte.
Chivi pasou practicamente inadvertido nos medios, feito inexplicable se vemos a atención que prestan a numerosos produtos que son o que a palabra indica produtos, inexplicable pero certo. Pero sobre todo unha demoledora campaña en Internet manchando a súa imaxe e reputación, colgando ao seu nome cancións de todo tipo, en especial algunhas de tinguidura racista e fascista, que nin escribiu nin interpretou nunca CHIVI (cancións que por outra banda CHIVI sempre detestou e que lle causan repugnancia). Sorte, mala sorte, malísima sorte, podíalle pasar a calquera outro pero lle pasou a el, estraño, difícil de entender (pola bóla inmensa en que isto chegou a converterse) en conclusión, unha desgraza.
Nestes anos de constante loita e entusiasmo por cada novo traballo houbo un punto de inflexión no que tras moito reflexionar, CHIVI chegou á conclusión de deixar ao personaxe e sacar ao escenario á persoa. A situación fixérase insustentable. Punto final.
Estado natural é o traballo que José Córdoba sempre quixo facer. É un disco de cantautor; posiblemente, o de maior calidade do panorama musical actual. Producido polo selo EPC records e distribuído por Factoría Autor, Estado Natural pretende ser un sopro de aire fresco no panorama que presenta a música en España. 14 cancións nas que se mesturan estilos e temáticas; desde unha rancheira canalla na que Córdoba acirra a "La mala vida", pasando por "Recuerda", retrato dunha vida vista polos ollos dunha persoa con alzhéimer. Rockeiras como "Por el hilo", e cancións de amor con maiúsculas como "Mi vida del revés" , "Mentira" e "Pulgarcito" onde José Córdoba lles dá a razón aos que sempre lle dicían "coa voz e o talento que tes, se cantarás outro tipo de cancións..."
Aquí as teñen, espero que as fagan súas e que me fagan un oquiño nas súas vidas, se é que cambia a sorte, a boa sorte, a boísima sorte.