programación: Carlos Humberto Díaz Pérez

Buscador

Localidade
Sala
Grupo
mes anteriorxuño 2010mes seguinte
LMMeXVSD
  
2
6
 
 
7
8
10
 
 
14
15
16
 
 
21
22
23
 
 
28
29
30
     

Rockers Go to Hell

Datos do grupo

Rockers Go to Hell
Estilo/s: Outros - Country - Rock & Roll

Representante: José Vázquez Méndez
Enderezo: Fernando Macías, 20 - 7º D

E-mail: elbeasto@elbeasto.com
Páxina web: http://www.elbeasto.com

En 1998 Álvaro e Kiko, daquela cantante e guitarrista de Mandrágoras, deciden montar un repertorio de cancións dos seus ídolos dos anos 50: Elvis, Gene Vincent, Johnny Burnette, Eddie Cochran, Warren Smith, Link Wray, Jerry Lee Lewis, Conway Twitty e todas as estrelas do firmamento do rock and roll e o rockabilly.

Acompañados de Andy ao contrabaixo e Saleta á batería, estréanse ese verán. O éxito é rotundo: o repertorio máis grandioso da historia da música moderna e unha revisión deste con influencias punk como as de Robert Gordon ou os Stray Cats son ingredientes infalibles. Pouco despois cambian a súa formación incorporando a Mikelini Martínez ao baixo e a Óscar Caramés, aos tambores. Os seus catro membros tamén pariron algunhas das bandas máis interesantes da cidade da Coruña (Mandrágoras, High Time, Thee Virus, Ultracuerpos), pero non por iso deixaron de alimentar o insaciable repertorio dos Rockers. Desde entón ata hoxe, o grupo gañou unha merecida reputación como banda tributo. O público que fielmente os segue a través de todas as súas actuacións corrobórao movendo as súas cadeiras ao frenético ritmo do rock and roll.

O seu repertorio renóvase constantemente con máis e máis himnos da época dourada; e a solvencia interpretativa e o show visual da banda refórzanse con cada actuación. Ademais de en Galicia, con innumerables e memorables actuacións ao longo de todos estes anos, levaron o seu show a festivais de Extremadura e Euskadi; tamén foron banda residente dos pubs Garufa e Dublín. Ninguén nesta cidade nos contou como foi aquel concerto de Elvis ao que asistiu, pero moitos viron os Rockers Go To Hell e ningún saiu defraudado. Todo o mundo ama aos Rockers Go To Hell. Ou debería.

Country - Rock & Roll

Galicia móvese - Galiciantunes - Clubtura - Centro Dramático Galego - Axenda - Centro Coreográfico Galego - Axenda - Buzón de suxestións