programación: Carlos Humberto Díaz Pérez

Buscador

Localidade
Sala
Grupo
mes anteriorsetembro 2010mes seguinte
LMMeXVSD
    
1
2
 
 
6
7
8
12
 
 
13
14
15
 
 
20
21
22
24
 
 
27
28
29
    

Miñor Swing

Datos do grupo

Miñor Swing
Estilo/s: Jazz - Gypsy Jazz, Jazz Manouche

Representante: Antonio Feijoo Soto
Enderezo: Camiño da Hermida nº 5

E-mail: xtonichi@yahoo.es
Páxina web: http://www.myspace.com/minhorswing

Miñor Swing é unha banda de jazz manouche na actualidade formada por: -Xiñor Tonichi (guitarra) -Jose Veloso (guitarra) -Diego Pacheco (guitarra) -Paco Dicenta (contrabaixo) -Macarena Montesinos (violoncelo) Mïñor Swing nace no verán do 04, por mor da necesidade de tocar, fusionar, e descubrir o jazz-manoche. A banda fundada por José Veloso e Antonio Feijoo (Tonichi), nos seus principios tiña unha sección de ventos, onde hai que destacar a Javier Soto ao saxo e a David Miniño á tuba, dándolle ao grupo un aire dixie . O grupo, que empezara sen afán de ningunha pretensión, aos poucos ía sendo coñecido por toda a zona do Val Miñor e Vigo dando numerosos concertos e jam sessions desde os seus comezos. A partir do ano 05-06 Miñor Swing cambia de rumbo. Por camiños da vida, o saxo e o tuba deixan o grupo. Sempre inspirados no swing europeo dos anos trinta e como non, no seu líder Django Reinhardt deciden darlle un envorco ao que era a formación orixinal e enfocala agora só na corda. Chegara outra era para o grupo, cunha formación xa estable e sólida, composta por dúas guitarras, violoncelo e contrabaixo Con colaboracións esporádicas doutros músicos, podíase escoitar ao grupo tocar en numerosos jam sessions de locais galegos, festivais ou simplemente amenizando en restaurantes ou festas. Foron numerosos os concertos que deron desde entón, en coñecidos locais e festivais do ámbito galego. Tamén os podes atopar no festival multicultural "Reperkusión" de Allariz, onde non faltan nin un ano desde o 04.

Actualmente, cunhas metas mais claras e esixentes, estas novas promesas ofrecen alternativas ao jazz-manouche, todo iso mesturado con creatividade e un son propio, ademais dos seus estética anos 30, fai deste grupo algo novo e innovador para o público máis esixente. Unha proposta única no ámbito galego que non deixa indiferente a ningún tipo de público.

 

Galicia móvese - Galiciantunes - Clubtura - Centro Dramático Galego - Axenda - Centro Coreográfico Galego - Axenda - Buzón de suxestións