Maryland
Estilo/s: Outros - Powerpop / indie
Representante: José Luis Carballo Lois
Enderezo: Avda. de Vigo, nº 3
E-mail:
marylandvigo@hotmail.com
Páxina web:
http://www.myspace.com/marylandvigo
Hai grupos que buscan desmarcarse de todo o existente en cada un dos seus discos; outros, en cambio, son conscientes de que forman parte dunha tradición e saben crearse o seu propio mundo e expresar quen son dentro dela, sen obsesionarse por romper moldes. Maryland pertencen a esta segunda clase. E o seu disco de debut é a súa aproximación ao pop de guitarras máis enerxético, por momentos próximo ao noise ou ao power-pop, un disco alleo a modas e tendencias.
Eles saben que o que de verdade importa son as boas cancións, e Surprise é unha mostra de que este grupo as ten. En cada escoita descóbrense detalles novos: o aire Weezer de This estafe, na que pon a súa voz Jaime García Soriano (Sexy Sadie, Sr.Nadie), o adictivo do refrán de Revolution, a emoción do momento no que entran as cordas en agosto... O disco foi producido por Jaime García Soriano, gravado nos Estudos Areamaster (Vigo) por Pancho Suárez de Lis e mesturado por Toni Toledo (Sexy Sadie, Sterlin, Iván Ferreiro) e Rafael Rigo (Sunflowers) nos Estudos Urban Producións (Mallorca).
E chega, ademais, acompañado por un directo xa moi rodado, que levou a Maryland a ser finalistas de concursos como o Grupo Revelación Nacional 2009 organizado polo festival Contempopránea, o Queixo Maquetón de Arzúa ou o Nsaio non Camiño.
O seu primeiro traballo Surprise foi gravado nos Estudios Areamaster (Vigo) por Pancho Suárez de Lis (Igloo, Holywater, A Banda de Poi, etc). Esta producido por Jaime Gª Soriano (Sexy Sadie) e mesturado e masterizado en Urban Producciones (Palma de Mallorca) por Rafa Rigó (Sunflowers) e Tony Toledo (Sexy Sadie, Sterlin, Iván Ferreiro, ...).