Aló Django
Estilo/s: Jazz - Swing manouche, gypsy swing
Representante: Xabier García Mera
Enderezo: Palmeira 69-B
E-mail:
pistacatro@gmail.com
Páxina web:
http://www.myspace.com/alodjangoswingband
Aló Django nace no ano 2007 pola vontade de Ramón Orencio e Xabier Mera, guitarras e voces, de ofrecer un concerto divertido con swing como banda sonora. Sumáronse como compoñentes fixos os violinistas Quim Fariña e Xacobe Lamas e o contrabaixista Alfonso Calvo e a mellor claquetista de Galicia, Gail Brevitt.
O proxecto está recibindo moi boa acollida por parte do público e salas de concertos de Galicia que depositaron de novo a súa confianza en nós ao programarnos este ano en gran número a través da rede institucional galega RGMV (Rede Galega de Músicos ao Vivo), así como na rede institucional portuguesa Outonalidades.
Aló Django participou ademais en festivais de jazz en Galicia como o Burgojazz e foi escollido para eventos institucionais como a Gala de Teatro Radiofónico da RTVG (Radio Televisión de Galicia); a gala Revelando Voces do Concello de Santiago de Compostela; a entrega de premios do Festival Internacional de Curtametraxes Curtocircuíto. Aló Django continúa agora a súa traxectoria coa súa inclusión no ciclo Artistas en Ruta 2010, promovido pola A.I.E. (Asociación de Intérpretes y Ejecutantes) que levará ao grupo de xira poa xeografía nacional (Barcelona, Madrid, Badajoz, Toledo, Ciudad Real,...) durante o 2010.
Formación para a rede Galicia Movese - Camiños de Cultura:
Gail Brevitt................Voz e claqué
Quim Fariña..............Violín
Xacobe Lamas..........Violín
David Tato.................Guitarra
ALfonso Calvo............Contrabaixo e voz
Xabier Mera...............Guitarra e voz
Formacion para a RGMV:
David Tato.................Guitarra
ALfonso Calvo............Contrabaixo
Xabier Mera...............Guitarra e voz
Aló Django ofrece un concerto cun amplo abano de xéneros musicais, traducidos todos ao estilo dos xitanos centroeuropeos, mesturado co jazz: o gypsy swing, un estilo lírico, alegre e acústico que ten o seu máximo representante no mítico guitarrista Django Reinhardt.
Ademais, Aló Django crea un show divertido máis alá do estrictamente musical, coa presenza do claqué e a interactuación cómica co público, enfiando así música con xéneros escénicos de entretemento como o cabaré ou o music-hall, de onde veñen parte do seus integrantes. Estas claves, acústico e cómico, xunto con este estilo musical agradable e comercial dentro do mundo do jazz, fan de Aló Django unha aposta ideal para salas ou teatros de pequeno e mediano formato e para concertos na rúa onde a proximidade co público crea o ambiente ideal do noso show.