O Sonoro Maxín
Estilo/s: Outros - Cumbia, Reggae, Ska
Representante: Manuel Vicente
Enderezo: Rúa Betanzos 44 Baixo
E-mail:
info@culturactiva.org
Páxina web:
http://www.myspace.com/osonoromaxin
Comezar de novo e camiñar a modo, inventando o camiño...
Esta é a consigna da que parte O Sonoro Maxín con convencemento.
Sabendo que a creatividade é imaxinación e que para crear hai que camiñar, cóntannos como todo ten unha onda sonora que nos fai mover e actuar con toda a forza do corazón, unha onda que transmite directamente de peito a peito, sen intermediarios. Ésa é a máquina sonora, a imaxinación sonora.
Está formado por:
- Abraham el niño: guitarras
- Xurxo Brea: baixo
- Cristina Asenjo: acordeón
- Samuel S. Figueiras: modulador de vento MIDI
- Jaime Mateo: batería
- Marcos Vázquez: percusión
- Barry Edwards: guitarra
- Miguel Xanceda: son en directo
- Ico: voces
Neste afán de camiño continuo O Sonoro Maxín anda á procura dun baile sen fin, dunha máquina creativa que nos faga mover ao ritmo da onda que marca. E para iso apelan á verbena e á cumbia, a soberana absoluta das verbenas, que converte o torreiro da festa nun baile tropical onde cada un manda na súa forma de bailar, onde cada un inventa o seu propio baile. Esta máquina sonora, este camiñar imaxinativo vai dende a cumbia á rumba, dende o reggae ao ska, actualizando a verbena e traéndoa até a fusión musical do s. XXI.
Volve a imaxinación, volve a máquina, volve a onda sonora que camiña sen fin...
Bailar de novo, cantar de novo e sorrir de novo co Sonoro Maxín.