programación: Carlos Humberto Díaz Pérez

Buscador

Localidade
Sala
Grupo
mes anteriorxuño 2010mes seguinte
LMMeXVSD
  
2
6
 
 
7
8
10
 
 
14
15
16
 
 
21
22
23
 
 
28
29
30
     

Gustavo Almeida & Brasilian Night

Datos do grupo

Gustavo Almeida & Brasilian Night
Estilo/s: Outros - Funk - Brasil

Representante: Carlos Lima
Enderezo: Rúa da Torre, 108

E-mail: info@gustavoalmeida.com
Páxina web: http://www.gustavoalmeida.com

Gustavo Almeida, cantante e compositor brasileiro. Fillo da consagrada cantante brasileira Ellen de Lima e irmán do tamén cantante Rodrigo Almeida, entende a música como un medio de comunicación.

Deixou o seu país hai algúns anos para viaxar por Europa e coñecer outras culturas. Viaxou por moitos recunchos e, a través da súa mente aberta, está gradualmente a crear a súa propia identidade musical.

Difícil de clasificar, cada unha das suas cancións trata de algo diferente, pero basicamente ten o mesmo vínculo que as une, a súa música emana positividade.

Cantantes como Djavan, Caetano Veloso, Jorge Vercillo, Gilberto Gil, Serrat, Sabina e outros, mesturada a súa esencia persoal, levárono a sacar os seus dous traballos discograficos, Por si me escuchan…” (Novembro 2005) e Cabaña” (Outubro 2008), ese último que fai referencia a este mítico local da cidade de Pontevedra onde leva máis de catro anos abarrotandolo todos os mércores do ano.

A súa madurez é froito de anos rodándose en diferentes tipos de escenarios. A súa inquietude por dar a coñecer o seu traballo levouno, só, ou con banda, por todo o espazo que abre as súas portas en cidades como Madrid, Gran Canaria, Tenerife, Barcelona, Sevilla, Málaga e ata Londres, así como todos os recunchos de Galicia.

Tamén actuou en importantes proxectos musicais, como foi o ciclo "As nosas musicas" da Fundación Caixa Galicia, que percorreu 37 concellos de Galicia, con músicos da altura de Joao Afonso, Luar na Lubre ou Milladoiro, entre outros.


En outubro do ano de 2008, Gustavo deu un importante salto na súa carreira musical presentando Cabaña, seu segundo CD que conta coa participacion de músicos experimentados da música brasileira e mundial, e coa coprodución de Marcelo Martins, ademais dun dueto con un dos maiores nomes da música do seu país de orixe como é Jorge Vercillo na canción “Quem ia me dizer”, gran éxito nas radios brasileiras.

Cun directo moi completo onde, entre a súa musicalidade, a obxectividade das súas letras e a súa incrible capacidade de gañar ao público sexa cal sexa o gusto musical, fixose un referente das salas galegas.

Como un auténtico brasileiro, a versatilidade está presente no concerto de Gustavo Almeida & Banda, pero cunha clara tendencia cara ao funk con moita influencia brasileira, tambén contando co reggae e o rock entre o seu repertorio, nunca esquecendo ningún clásico da música do seu Brasil natal.

Galicia móvese - Galiciantunes - Clubtura - Centro Dramático Galego - Axenda - Centro Coreográfico Galego - Axenda - Buzón de suxestións