programación: Carlos Humberto Díaz Pérez

Buscador

Localidade
Sala
Grupo
mes anteriorsetembro 2010mes seguinte
LMMeXVSD
    
1
2
 
 
6
7
8
12
 
 
13
14
15
 
 
20
21
22
24
 
 
27
28
29
    

Capitán Furilo

Datos do grupo

Capitán Furilo
Estilo/s: Rock

Representante: Rafael Martínez
Enderezo: Azorin nº 9 3º C

E-mail: ocapitanfurilo@gmail.com
Páxina web: http://www.capitanfurilo.com

Teñan coidado aí fóra!!

Así avisaban na mítica serie  "Canción Triste de Hill Street".

A coincidencia e o gusto polas series televisivas dos oitenta fixo que xa hai xa tres anos Miki e Óscar se encontraran en Dublín e decidiran formar Capitán Furilo.

A banda debuta en directo na mítica Iguana Club de Vigo o 1 de xuño do 2007, tras diversas réplicas, o grupo queda finalista no primeiro concurso N´saio organizado pola Consellería de Xuventude, que terá como consecuencia a participación nun disco colectivo con todos os finalistas do concurso.

A pesar da súa breve existencia, Capitán Furilo edita unha maqueta de catro temas no 2007 e participa en proxectos de música feita en galego, cunha clara filosofía de difusión libre, como o disco recopilatorio Escolma ou plataformas da rede como Komunikando ou A Regueifa.

No ano 2008, autoeditan a POP ?, un cd gravado nos Estudios Océano de Nigrán coa complicidade de Javier Abreu e Gabriel Reigosa. Cinco temas que saben a pouco pero que achegan unha nova sensibilidade a hora de facer cancións en galego de POP con maiúsculas.

Dende comezos do verán están a gravar nos Estudios Elite de Vigo o que será o seu primeiro "longa duración" e que se editará en novembro. As novas cancións recollen a enerxía e atitude que califica o sonido furilo, melodías directas e rock en galego.

Compoñentes:
Óscar T.: batería e percusión.
Mikel P.: guitarra e voz.
Mon S.: baixo e voz.
Rafa M.: guitarra e voz.

Influencias: Resentidos, Rolling Stones, Police... entre outros mil douscentos grupos e solistas.

Galicia móvese - Galiciantunes - Clubtura - Centro Dramático Galego - Axenda - Centro Coreográfico Galego - Axenda - Buzón de suxestións