programación: Carlos Humberto Díaz Pérez

Buscador

Localidade
Sala
Grupo
mes anterioragosto 2010mes seguinte
LMMeXVSD
            
1
 
 
2
3
6
7
 
 
9
13
15
 
 
16
17
18
19
21
22
 
 
23
24
25
26
29
 
 
30
31
      

Sugar Mountain

Datos do grupo

Sugar Mountain
Estilo/s: Rock

Representante: José Rubén Álvarez Silva
Enderezo: Ronda do Louro, 2, portal B, 2º D

E-mail: yago_sugar@terra.es
Páxina web: http://www.sugar-mountain.net

Dende a pulbicación do seu derradeiro disco In The Raw que colleitara inmellorables críticas por parte de toda a prensa especializada, pasaron xa tres anos e Sugar Mountain volveu ó estudio esta pasada primavera a rexistrar o seu terceiro álbum, Love Unique. O grupo traballou desta volta baixo a producción do ex-Wilco Ken Coomer e o enxeñeiro de sonido Charlie Brocco (George Harrison, Jeff Lyne). Os novos temas da banda supoñen un novo xiro na música da banda cara a un rock and roll cada día con máis personalidade. A partires do mes de maio, de 2010, Yago Carreño (guitarra), Isaac Campos (teclado), Rubén Álvarez (bajo), Gonzalo Arca (voz), Lucas Fernández (guitarra) e Iván Trigo (batería) percorrerán de novo a xeografía do país presentando un traballo que vai sorprender a máis dun.

Bio:

Tras grabar dúas demos tituladas 55 Tambo Island (2000) e A Little Sugar For Your Mind (2001), Sugar Mountain publica HCT -seu primer EP-en 2003, despois de actuar sin descanso nos seus tres años de existencia e compartires escenario con bandas como The Georgia Satellites, Drive-By Truckers, John Mayall, The Bellrays, Diamond Dogs e multitude de grupos da escena por todo el país.

A comezos de 2004 graban o seu primeiro longa duración, titulado Hand Crafted Tunes. O productor do álbum é o gran Dan Baird (The Georgia Satellites, The Yayhoos), namorado da banda tras tocaren xuntos un ano antes. O disco publicao en España o selo Good Sounds. Hand Crafted Tunes cosecha inmellorabeis críticas en toda a prensa especializada e leva ao grupo a tocar por todo o país así como en Alemania, Portugal e a Chequia.

En outubro de 2006 publican In The Raw, o seu esperado segundo álbum. Producido desta vez por Eric ‘Roscoe' Ambel, misturado nos estudios Cowboy Technical Services por Greg Duffin e masterizado por Scott Hull, In The Raw publícase simultáneamente en España (Good Sounds) e Estados Unidos (Brewery Records) e é novamente aclamado por público e crítica. A banda presentará en directo durante todo o ano 2010, LOVE UNIQUE, a súa última grabación en estudio, cunha formación renovada que garantiza sorprender ao público co seu directo compacto e contundente.

Sugar Mountain é eminentemente unha banda de directo. Curtidos en todo tipo de escenarios, dende a súa formación non deixaron de actuar en directo, o que os dota dunha posta en escena e unha precisión técnica sobre o escenario de auténtico luxo. Auténticos animais escénicos!

Galicia móvese - Galiciantunes - Clubtura - Centro Dramático Galego - Axenda - Centro Coreográfico Galego - Axenda - Buzón de suxestións