programación: Carlos Humberto Díaz Pérez

Buscador

Localidade
Sala
Grupo
mes anterioragosto 2010mes seguinte
LMMeXVSD
            
1
 
 
2
3
6
7
 
 
9
13
15
 
 
16
17
18
19
21
22
 
 
23
24
25
26
29
 
 
30
31
      

MBM

Datos do grupo

MBM
Estilo/s: Jazz

Representante: Lucía Martínez Alonso
Enderezo: López Ballesterors, 24, 1ºB

E-mail: lucia5ma@gmail.com
Páxina web: http://www.lucimartinez.com

ANTONIO BRAVO, Guitarra- BALDO MARTÍNEZ, Contrabaixo- LUCÍA MARTÍNEZ, Batería e percusión.

O trío Martínez, Bravo, Martínez (MBM) formouse no 2009, por tres dos máis relevantes musicos da escea do jazz non só en Galicia senón a nivel europeo, como pode verse nos seus curriculums .

            Aínda que os tres músicos teñen colaborado e gravado en distintas formacións anteriormente sobre todo dentro do ambito do jazz, como o Projecto Miño", dirixido por Baldo Martínez, proxecto premiado pola revista "Cuadernos del jazz" como mellor disco do ano 2009.

Todos os membros do trío son músicos de recoñecido prestixio, directores do seus propios proxectos, cunha amplia discografía e levando a súa música por festivais de todo o mundo, París, Berlín Munich, México, Tánger, Roma, Varsovia, Estocolmo, etc. Nesta ocasión preséntannos un repertorio formado por composicións dos tres músicos enmarcado estilísticamente no jazz europeo.

O obxectivo é explorar diversas facetas dentro da improvisación, que van dende marcos con certa densidade harmónica a campos máis cercanos ao free jazz e incluso incursións en improvisación libre. A forma de traballar do grupo afástase do clásico trío de jazz con solista e sección rítmica acompañante, apostando neste caso por un contrapunto dos tres instrumentos cun claro obxectivo en común. O resultado é un repertorio coherente e ao mesmo tempo heteroxéneo onde o factor sorpresa está sempre presente. Unha mirada ao jazz europeo pero sen intención de dar as costas ás formas máis clásicas que tamén teñen o seu espazo no repertorio.

De MBM a prensa dixo recentemente:

"Cada uno de éstos cuenta con una personalidad propia y muy marcada, pero su lenguaje es tan afín que su interacción, aún cuando el proyecto está todavía echando a andar, parece una celebración familiar". La Opinión - Coruña. Quinito L. Mourrelle

Máis información sobre MBM e sobre os seus compoñentes

http://perso.wanadoo.es/baldomartinez/MBM%20Trio.pdf

O trío Martínez, Bravo, Martínez (MBM) preséntannos nesta ocasión un repertorio formado por composicións dos tres músicos enmarcado estilísticamente no jazz europeo. O obxectivo é explorar diversas facetas dentro da improvisación, que van dende marcos con certa densidade harmónica a campos máis cercanos ao free jazz e incluso incursións en improvisación libre. A forma de traballar do grupo afástase do clásico trío de jazz con solista e sección rítmica acompañante, apostando neste caso por un contrapunto dos tres instrumentos con un claro obxectivo en común. O resultado é un repertorio coherente e ao mesmo tempo heteroxéneo onde o factor sorpresa está sempre presente. Unha mirada ao jazz europeo pero sen intención de dar as costas ás formas máis clásicas que tamén teñen o seu espazo no repertorio.

Galicia móvese - Galiciantunes - Clubtura - Centro Dramático Galego - Axenda - Centro Coreográfico Galego - Axenda - Buzón de suxestións