McManus
Estilo/s: Outros - Folk-pop-indie
Representante: Mervyn Mcmanus
Enderezo: Ruela de Oliveira, 3, 1º
E-mail:
info@mulasproducions.com;talk2us@mcmanus.es
Páxina web:
http://www.mcmanus.es www.myspace.com/mcmanusmusic
McManus é un cuarteto de folk-pop liderado polo compositor e vocalista irlandés Mervyn McManus. Fundada entre Madrid e Dublín ó longo do ano 2008 por Merv e Carlos Risco, McManus estabeleceuse como banda en Galiza hai poucos meses, onde xuntos están a desenrolar a grabación do seu primeiro EP, "One thing let to another". A banda está composta por Merv McManus (guitarra, piano e voz), Carlos Risco (38Beats, Cristina Pato, Cinnamon Gum) á guitarra, Marcos Vázquez (Os Resentidos, Carlos Núñez) á batería e Ralph M. ó baixo.
McManus é pop de autor, intimista e dinámico, potente e sensíble, no que se entremesturan as raíces irlandesas do propio Merv coa música británica independente. McManus é pop-rock global, música sentida e sensíbel. As cadencias do rock histórico do Manchester dos 80 misturadas cos ritmos da percusión tradicional irlandesa. Nos seus retousos pódese recoñecer a influencia de U2, Coldplay, Radiohead, The Beatles ou a música gaélica, partillados nunha personalísima proposta sonora. Máis información en www.mcmanus.es www.myspace.com/mcmanusmusic