programación: Carlos Humberto Díaz Pérez

Buscador

Localidade
Sala
Grupo
mes anteriorsetembro 2010mes seguinte
LMMeXVSD
    
1
2
 
 
6
7
8
12
 
 
13
14
15
 
 
20
21
22
24
 
 
27
28
29
    

Igloo

Datos do grupo

Igloo
Estilo/s: Rock

Representante: Josiño Carballo
Enderezo: Avda de Vigo, 3

E-mail: josino@ernieproducciones.com
Páxina web: http://www.igloo.name

Igloo nace en 2003, pero non é ata 2004 cando consolida a súa formación definitiva. A partir dese momento o grupo inicia a súa andadura cunha maqueta, coa que logra boas críticas a nivel estatal (Rock de Lux e Mondo Sonoro) e a atención do selo madrileño Junk Records, co que a banda ficha por tres LP. O seu primeiro LP de título homónimo recibe moi boas críticas (Mondo Sonoro, Muzikalia, Go Magazine, Universopop...) e conseguen soar en diversos programas de Radio 3 (Discogrande, Diario Pop, Siglo 21...) e de canles autonómicas de toda a xeografía. Ademais, o seu vídeo Y todo lo demás é programado por diversas canles especializadas (Fly Music, MTV España). Neste momento está a punto de saír un EP que xa esta a soar en varios programas de Radio 3. Agora mesmo están inmersos no festival Itineran Ernie por toda a península.

Igloo baséase en contundentes guitarras, combinadas con sons electrónicos e melodías pop, conseguindo unha especie de rock electrónico de potentes retrousos e intensas instrumentacións cunha clara influencia anglosaxona, pero totalmente cantados en castelán.

Galicia móvese - Galiciantunes - Clubtura - Centro Dramático Galego - Axenda - Centro Coreográfico Galego - Axenda - Buzón de suxestións