programación: Carlos Humberto Díaz Pérez

Buscador

Localidade
Sala
Grupo
mes anteriorsetembro 2010mes seguinte
LMMeXVSD
    
1
2
 
 
6
7
8
12
 
 
13
14
15
 
 
20
21
22
24
 
 
27
28
29
    

Nouvelle Cuisine

Datos do grupo

Nouvelle Cuisine
Estilo/s: Pop

Representante: Eduardo Poch
Enderezo: Alcalde Abad Conde Nº1 2ºC

E-mail: lanouvellecuisine@yahoo.fr
Páxina web: http://www.nouvelleweb.com

Nouvelle cuisine é un grupo de música pop que leva creando, gravando e interpretando cancións desde 2001.

Tras catro maquetas (Bob, Nouvel essai, Pouco feito / moi feito / pasado e A Merenda) e dous discos (autodictado e de memoria), 2010 é un bo ano para un novo proxecto de Nouvelle cuisine. Á cada vez maior nómina de amigos colaboradores, engadíronse a Arturo Vaquero, productor propietario dos Estudios Abrigueiro. Xuntos decidiron combatir cun EP de seis cancións na Guerra del volumen, unha guerra do mundo da música na que optaron por non saturar o seu son e facerse oír usando sutís bases electrónicas e guitarras contundentes pero sen perder de vista o coidado polas melodías vocais e polas letras.

nouvelle cuisine segue traballando desde a ilusión da autoedición, preparando con mimo as cancións no local de ensaio para logo defendelas con firmeza en directo.

Despois dos momentos especiais que salpicaron a traxectoria do grupo entre o Contempopránea 2006 (xunto a La Buena Vida, Los Planetas ou Tachenko) e o Festival do Norte (con Manos de Topo, Russian Red, Love of Lesbian ou Herman Dune), así como actuacións en solitario ao longo dos anos (por toda Galicia e fóra dela en Madrid, Barcelona, San Sebastián, Valladolid ou Albacete), varias serán as ocasións que ao longo de 2010 permitirán ao público gozar dos seus concertos, apoiados polo soporte visual de Miguel Mariño.

Grupo de pop preocupado polas melodías pero que no directo non dubida en subir o volume das guitarras se as condicións da sala o permiten. Nestes concertos hai tamén presencia de teclado e de bases electrónicas pregravadas. Tamén pode defender en directo un set acústico sen amplificadores e con percusión básica, todo salpicado coas imaxes proxectadas de Miguel Mariño.

Galicia móvese - Galiciantunes - Clubtura - Centro Dramático Galego - Axenda - Centro Coreográfico Galego - Axenda - Buzón de suxestións