Jazzeros Inoxidables
Estilo/s: Outros - Jazz funk
Representante: Iago Mouriño Román
Enderezo: Rúa B, 52, 5º C
E-mail:
jazzerosinoxidables@gmail.com
Páxina web:
http://www.myspace.com/jazzerosinoxidables
Nace, medra...
O pasado mércores 17 de marzo, escoitamos ao trío Jazzeros Inoxidables na Borriquita de Belén de Santiago de Compostela; un grupo formado por David Regueiro (guitarra), Iago Mouriño (hammond) e Noli Torres (batería).
O proxecto naceu coa intención de investigar nas sonoridades da combinación de guitarra, hammond e batería. Tomando como base esta formación de trío, tan usual no eido jazzístico como descoñecida polo gran público, o grupo parte das raíces do jazz e do funk para evolucionar cara a sons, rítmicas e estruturas máis contemporáneas. As influencias do grupo son moi variadas, desde o jazz máis clásico ata o rock, o pop, a música clásica ou as bandas sonoras. Unha amalgama estilística onde o experimental conflúe coa tradición, e a improvisación forma o eixo central dun mecanismo baseado na interacción dos seus músicos.
[...] O trío ofreceu unha elocuente e personal interpretación de temas como Riders on the Storm, de The Doors, Chank, de John Scofield, ou Moanin', de Bobby Timmons, o pianista dos Jazz Messengers de Art Blakey.
Sendo o único trío destas características activo en Galicia, o grupo bríndanos unha aposta fresca e de calidade.
Ramón Otero: "Sons do Nordés" (periódico "Luns a Venres", 7-IV-2010)
Integrantes:
David Regueiro: guitarra
Iago Mouriño: órgano Hammond
Noli Torres: batería